A renovación de caras anunciada estes meses no PPdG deu o seu primeiro paso na provincia de Lugo, trala elección de Elena Candia como sucesora do histórico líder provincial Xosé Manuel Barreiro, que preferiu non presentarse para poder adicarse de cheo ás súas responsabilidades no Senado. 


Candia resultou vencedora cunha victoria bastante clara, vencendo a Raquel Arias cun 69,6% dos votos. Aínda así, seguramente sexa o proceso máis axustado das catro provincias galegas, nas outras tres preséntanse candidatos sen demasiada oposición. 


A nova presidenta do PP de Lugo prometeu  que trataría de "darlles voz" aos máis de 12.000 afiliados en toda a provincia. "Imos sentilos ao noso lado a cada paso que demos. Ter claro o noso camiño e o noso compromiso: máis participación, máis voz aos afiliados e máis transparencia", proclamou.


Tamén se afanou en apelar á unidade, tendendo pontes coa súa adversaria e co equipo que acompañaba a Raquel Arias, convidándoos  a todos a "traballar xuntos". 


BALTAR ARRASA EN OURENSE


O relativamente disputado proceso de Lugo tivo pouco que ver co que se viviu en Ourense, donde Manuel Baltar foi reelexido co 95,66% dos votos emitidos, no que considera como "unha inxección de forza". 


Como el mesmo salientou, Baltar pasou de ser "o presidente máis novato e o que levaba menos tempo no cargo, a ser o decano e o que ten máis experiencia", xa que foi o único líder provincial que decidiu optar á reelección. 



POWERED BY BIGPRESS