A deputación de Pontevedra continúa co seu obxectivo de formar mestres composteiros, co obxectivo de implicar aos concellos neste sistema de tratamento do lixo, convencidos de que se trata do sistema "máis ecolóxico e económico". 


A través de bolsas de traballo, contratará 10 técnicos que se encargarán de instalacións de compostaxe comunitaria que se distribuirán por toda a provincia, e que actualmente se atopan en período de formación coa colaboración de expertos na materia. 


Este martes presentáronse experiencias de compostaxe caseira e comunitaria levadas a cabo polas organizacións ecoloxistas Amigos da Terra e Adega, impulsora dos primeiros proxectos de compostaxe nos concellos galegos. 


Ademais de transmitir as súas experiencia, dende Adega agradeceron que a Deputación de Pontevedra apostase pola compostaxe como xestión de residuos.


POWERED BY BIGPRESS