A XV Asamblea Nacional do BNG non fixo senón confirmar a fractura existente entre os que se sinten nacionalistas, dividos entre dúas estratexias opostas: os que apostan por manter a independencia ante o perigo de ser absorbidos por forzas estatais e os que prefiren buscar alianzas ante o risco da desaparición do panorama político estatal que puxeron de manifesto as últimas eleccións.
A victoria da UPG e da línea oficial do partido na Asamblea garanten que o BNG seguirá a primeira liña de actuación. A nova voceira nacional, Ana Pontón, xa descartou nunha entrevista calquera alianza con coalicións das que forman parte "forzas de ámbito estatal que actúan cun centralismo importante", en clara alusión ao caso de En Marea e Podemos.
Esta postura xa atopara oposición antes da Asamblea, e agora tense cobrado as primeiras baixas. A máis destacada, a do antigo voceiro parlamentario nacionalista Carlos Aymerich, que xa abandonou o partido. A falta de contactos oficiais, o histórico dirixente nacionalista xa avanzou nas redes sociais a súa intención de avanzar cara a Marea, asegurando que "de nós depende que a Marea sexa galega ou de Podemos".
Se finalmente opta por este camiño, non estará só. Aymerich forma parte do colectivo Abrente, que ata agora se articulaba dentro do BNG. Pero resulta previsible que alcaldes e militantes vinculados a este colectivo sigan a Aymerich no seu intento de "reforzar o polo nacionalista" que representa Anova de Xosé Manuel Beiras dentro de En Marea.