A proposta da Xunta para ubicar os xulgados de Vigo na torre do antigo hospital Xeral atopou un consenso inédito. Á satisfacción do concello de Vigo uniuse o apoio de abogados, procuradores, arquitectos, comerciantes e veciños. Por iso a administración autonómica se sentiu autorizada para iniciar os trámites, que finalmente excluirán o anexo II do antigo hospital, que seguirá adicándose á prestación de servizos sanitarios.


Concretamente, a Xunta devolveulle á Tesourería Xeral do Estado a propiedade do edificio, que se atopaba cedido indefinidamente para usos sanitarios. Trátase dun trámite imprescindible para que a tesourería poida ceder unha vez máis o edificio de forma indefinida, especificando nesta ocasión que se destinará a usos xudiciais.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo defendeu unha opción “idónea”, que permite “gañar espazo” con respecto ao novo edificio no que se pensaba ubicar a Cidade da Xustiza. Evitando que os “miles e miles de metro cadrados” do antig hospital eviten “un destino incerto”.


O único punto polémico da proposta da Xunta era a utilización dos anexos do hospital. Finalmente, o anexo II seguirá adicado á prestación de servizos sanitarios. O anexo I, en cambio, tamén inclúese no paquete da torre e tamén se adicará á usos xudiciais. 


POWERED BY BIGPRESS