Viaqua pásase ao galego na rede
lunes, 22 de febrero de 2016, 18:51
A compañía Viaqua acaba de rexistrar e activar o dominio viaqua.gal, sumándose a unha ferramenta considerada clave para potenciar a nosa lingua e a nosa cultura na rede, ao tempo que contribúe a situar a Galicia no mapa mundial das comunicacións por Internet.
Co novo dominio, a compañía pretende gañar en proximidade coa comunidade galega en xeral e cos usuarios en particular, facendo máis visible a súa labor e ofrecendo un perfil accesible para os usuarios.
Este novo dominio enmárcase ademais dentro do compromiso da empresa por estar presente e activa na sociedade da información, sumándose ao dominio www.viaqua-sa.es e do seu activo perfil en twitter.