O Tribunal Supremo acaba de confirmar unha indemnización de algo máis de 600.000 euros para os antigos donos da illa de Ons, rexeitando a súa pretensión de elevar a súa indemnización ata o millón e pico de euros.
O alto tribunal confirma por tanto a indemnización de 605.601 euros fixada polo Tribuanl Superior de Xustiza de Madrid. A Administración Xeral do Estado deberá pagarlle esta cantitade á familia Riobó, antigos propietarios da illa, trala súa expropiación.
O auto do tribunal madrileño consideraba imposible a restitución in natura das illas, xa que estas forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Por iso fixou unha indemnización dun cinco por cento do valor do chan, edificación e viarias das illa, que ascendía a un total de máis de 12 millóns de euros.
Aos antigos donos da illa pareceulles insuficiente, por iso presentaron un recurso que pretendía elevar a súa indemnización ata os 1.1 millóns de euros. Pero o Tribunal Supremo negou o recurso de casación, xa que a diferencia entre a indemnización concedida e a solicitada non alcanzaba os 600.000 euros, o mínimo necesario para ser admitida a trámite polo alto tribunal.