Sánchez someterase ao debate de investidura o 2 de marzo
lunes, 15 de febrero de 2016, 11:16
O presidente do Congreso, Patxi López, anunciou este luns que Pedro Sánchez se someterá ao debate de investidura o vindeiro mércores 2 de marzo ante o pleno do Parlamento.
López realizou este anuncio despois de reunirse co candidato dos socialistas no seu despacho do Congreso, tras comprometerse a semana pasado ante os membros da Mesa para fixar unha data nesta semana para esta sesión de investidura.
Non esgotou o prazo Patxi López, e a golpe de luns xa coñecemos o día no que Pedro Sánchez tentará ser investido como presidente.