A vintena de contratos coa que cerrou 2015 o naval galego alimentan o optimismo entre a patronal do sector naval. O presidente da Asociación Cluster Naval Galego (Aclunaga), Marcos Freire, congratulouse pola carteira de contratos coas que se cerrou o ano, sobretodo despois de anos inmersos nunha dura crise agravada pola investigación sobre o sistema 'tax-lease' de financiamente do buques. 


Feire, director xeral do estaleiro de Vigo Freire Shipyard amósase satisfeito cos números cos que se cerrou o 2015, recordando que se experimentou un aumento da actividade do 50% con respecto a 2014 e un nivel "considerable". 


Así, Marcos Freire revelou que, tras a sentenza do Tribunal da Unión Europea (TUE) que avalou o anterior 'tax lease', o mercado ampliouse, coa entrada de "novas entidades" no novo sistema, e a volta para estar "activas" por parte doutras, que se mantiñan reticentes debido ao proceso de investigación.


O presidente do cluster do naval admitiu que "a crise" e a "dura contorna" que xerou o proceso de investigación "deixou a estaleiros con dificultades e debilidades", pero apelou á "recuperación" do sector e ao feito de que se "empezan a reactivar" as decisións relativas a investimento, entre elas as vinculadas coa innovación.


Para o presente exercicio, destacou que "non cabe dúbida" de que "moitas" destas actuacións "van executar", pero evitou dar un dato preciso sobre as previsións de contratacións. "Todo o que sexa superar a contratación de 2015, será clave", remachou.



POWERED BY BIGPRESS