O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou na mañá deste xoves a próxima convocatoria de 448 prazas na administración pública autonómica para este ano.
Destas prazas, 146 corresponderanse aos servizos sociais, 70 estarán incluidas na categoría de auxiliar de enfermería e as outras 76 nas de camareiro-limpiador e axudante de cociñas. En principio, estas oposicións deberían estar convocadas antes do verán.
Tamén haberá 124 prazas para prevención e extinción de incendios, na primeira oferta deste tipo que se produce dende o ano 2003. As prazas ofertadas serán principalmente para conductor de motobomba, vixilante e peón conductor, polo que non esixirán titulación específica. As outras 30 prazas serán para persoal funcionario na escala de inxenieiros de Montes, , Agrónomos, Técnicos Agrícolas y Técnicos Forestales.
Neste caso, as oposicións tamén deberían estar convocadas antes do verán, pero os exames retrasaranse ata despois da campaña estival para non interferir no dispositivo de loita contra incendios.
Tamén se convocarán 22 prazas de especialista en seguridade e saúde no traballo, unha categoría que aparece por primeira vez na nosa comunidade. Por último, haberá 116 prazas para promoción interna de informáticos, corpo de xestión, corpo superior y auxiliar.
A OFERTA DUPLÍCASE NO ANO ELECTORAL
Se lle sumamos esta nova convocatoria as máis de 800 prazas que se convocarán en sanidade e as 1200 que se convocarán en educación, obtemos un total de máis de 2.400 prazas de emprego público para 2016.
Coincidindo co ano das eleccións autonómicas, a Xunta saca a súa maior oferta de emprego pública dende o ano 2009. De feito, esta convocatoria supera a dos anos 2010, 2011, 2012, 2013 e 2014 de forma conxunta e duplica as 1.163 prazas convocadas en 2015.