Detidos 11 mozos vinculados a altercados no entorno da discoteca de Nigrán 'Ramallosa 2000'
jueves, 4 de febrero de 2016, 11:48
A Garda Civil de Pontevedra detivo durante a mañá deste xoves a 11 mozos acusados de pertencer a un grupo criminal.
O Instituto Armado relaciona a estas persoas con diversos altercados e pelexas no entorno da discoteca Ramallosa 2000, en Nigrán. A última podería ter acontecido durante a madrugada deste último domingo, cando resultaron feridas 5 persoas.
Polo de agora non se coñecen máis detalles acerca do operativo, pero a Garda Civil xa comunicou que os mozos pasarán a disposición do Xulgado de Instrucción número 5 de Vigo.