Pedro Sánchez cumpriu nun tempo record o encargo do Rey Felipe VI para formar Goberno, canto menosen Internet. Durante breves momentos, tivo a inmensa honra de ocupar a Presidencia do Goberno na 'Wikipedia'.
O erro produciuse despois de que o presidente do Congreso dos Deputados, Patxi López, comparecese en rolda de prensa para anunciar a decisión do monarca de propoñer a Sánchez para a investidura.
A enciclopedia editada polos usuarios recolleu durante uns minutos que Pedro Sánchez era presidente de España dende o día 2 de febreiro e xefe do Executivo en funcións dende o pasado 20 de decembro, día en que se celebraron os comicios xerais.
Con todo, o erro foi rapidamente emendado e na entrada correspondente a 'Presidente do Goberno de España' reflectiu pouco despois a Mariano Rajoy como o último xefe do Executivo.
Na realidade as cousas son un pouco máis complicadas, parece que teremos que agardar bastante para saber se Pedro Sánchez conseguirá ser presidente... ou se terá que quedar co seu logro na Wikipedia.