O delicado último intento para remolcar o mercante 'Modern Express' foi tan ben como podería esperarse. O buque español 'Centaurus' conseguiu enganchalo a media mañá, fixo rotar a carga e alonxouno da costa francesa. 


A última hora da tarde do luns contiuaba co remolque en dirección a Bilbao, xa sin existencia de risco de que o mercante encalle na costa. 


A primeira hora da tarde as autoridades francesas estaba aínda preocupadas, porque aínda que algúns dos momentos máis complicados xa pasaran a situación aínda podía torcerse. 


Pero agora xa se pode falar dun éxito no último intento de rescate. E menos mal, porque como avisaran as autoridades francesas só restaba unha oportunidade, polo que "non había que deixala pasar". 


Queda descartada a posibilidade de que o 'Modern Express' acabe encallando na costa de Aquitania, un suposto que faría necesaria a activación de plans antipolución por mor de posibles brechas nos depósitos de carburante. 



  



POWERED BY BIGPRESS