A maior caída do paro da serie histórica tuvo o seu reflexo en Galicia, donde o paro baixou en 41.000 persoas durante 2015, quedando a nosa comunidade nunha taxa de desemprego do 17,74% e un total de 227.700 parados.
Galicia creou 32.100 empregos durante 2015. O número de ocupados ao termo do ano situouse en 1.032.500, firmando un incremento do 3,2%.
Desta forma, a taxa de actividade alcanzou en Galicia o 53,3% ao rematar o cuarto trimestre (descende dúas décimas nun ano), co 58,19% para homes e 48,86% para mulleres. A taxa do paro é do 17,74%, tres puntos menos que ao peche de 2014, cando era do 20,87%.
En homes, a taxa de paro sitúase en 16,98%; e, en mulleres, no 18,58%. Así, hai 111.300 homes parados (26.700 menos que a final de 2014, descenso do 19,3%) e 111.400 mulleres desempregadas (14.500 menos que un ano antes, un 11,5% menos). En canto á ocupación, distribúese entre 544.400 homes e 488.100 mulleres.
A nivel nacional, o paro baixou en 678.200 persoas en 2015, o que supón un 12,4% menos que en 2014, rexistrando o seu terceiro descenso anual consecutivo e a maior caída da serie histórica. Pola súa banda, o emprego creceu en 525.100 persoas, case un 3%, logrando o seu segundo aumento anual consecutivo e o máis elevado desde o estalido da crise económica.
BAIXA O PARO XUVENIL Ao 32,1%, PERO HAI 9.900 MOZOS MENOS EN GALICIA
Dos 332.300 mozos galegos de entre 16 e 29 anos, 116.100 (o 34,9%) están ocupados, 54.800 (o 16,5%) parados e os 161.500 restantes (o 48,6%) son inactivos.
A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 34,9% no cuarto trimestre de 2015, o que supón un crecemento de 1,6 puntos respecto ao peche de 2014. Respecto ao trimestre anterior, en cambio, cae 3,3 puntos.
A taxa de paro xuvenil descendeu en 2015 en 4,2 puntos respecto ao peche de 2014 ata quedar no 32,1% (era do 36,3% un ano antes). Con todo, aumenta o paro en 2,5 puntos fronte ao terceiro trimestre do ano.
Iso si, os 332.300 mozos galegos entre 16 e 29 anos ao acabar 2015 son 9.900 menos que os 342.200 que había un ano antes (-2,9%), segundo datos deste xoves.
GRANDES CONCELLOS
Se se comparan os datos dos sete grandes municipios galegos, obsérvase que Santiago e Lugo son os que presentan as maiores taxas de ocupación (54,1% e 51,5%, respectivamente) no cuarto trimestre de 2015.
No outro extremo, Ferrol é o concello coa menor taxa de ocupación (34%) e con maior taxa de paro (27,9%). A menor taxa de paro das sete cidades ao peche de 2015 é Santiago, cun 14,1%.