Tres relixiosas orixinarias da India foron liberadas do seu cativerio no convento das Madres Mercedarias de Santiago de Compostela. Unha das relixiosas logrou fuxir e denunciou perante a Policía os feitos. Segundo a relixiosa, que chegara ao convento a finais dos anos noventa cando aínda era unha adolescente, as tres mulleres permanecían retidas contra a súa vontade baixo enganos e ameazas da superiora.
Segundo as primeiras pesquisas, a nai superiora ameazaba ás mulleres con que serían deportadas se deixaban o convento, posto que lles fixera crer que estaban en España de forma irregular.
A investigación continúa aberta e, polo de agora, non se fixeron detencións, malia que a xuíza que instrúe o caso investiga delitos de detención ilegal, contra a integridade moral, ameazas e coaccións. As monxas liberadas foron levadas a unha casa de agollida e se lle ten aplicado o mesmo protocolo que se segue nos casos de mulleres víctimas de violencia machista.
O convento de Santiago é o quinto que esta orde ten en España. As Mercedarias centran a súa vida relixiosa na contemplación. A crise de vocacións que ten baleirado progresivamente os conventos españois fixo que esta orde aceptara relixiosas da India e de México hai 13 anos.
MONXAS DEPORTADAS EN 2011
A raíz desta posible retención, o Xulgado de Instrucción número 1 de Santiago tamén investiga os motivos da deportación en 2011 doutras dúas monxas orixinarias da India.
Estas dúas relixiosas tamén residían no convento das Madres Mercedarias e dispoñían de permiso de residencia, pero aínda así foron deportadas.