Fernado Onega(i) Alberto Nuñez (c) e Arturo Maneiro(d), no acto da entrega do premio Diego Bernal 2016


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou o estilo perenne de Fernando Ónega, a quen considera un dos máximos representantes do novo xornalismo.



Así o expresaba o titular da Xunta na XXI Edición do Premio Xornalístico Diego Bernal 2016, que nesta ocasión lle foi concedido ao xornalista de Pol, quen, segundo Feijóo, demostra todos os días que o clásico pode ser novo e o novo pode ser clásico.



Neste senso, sinalou que o que permite que un determinado estilo sexa sempre novo son dúas características que están moi acusadas en Fernando Ónega e son unha distancia que non é desdén, senón respecto, e unha certa tenrura.


O presidente do Goberno galego asegurou que Ónega practica un periodismo que, sendo incisivo, non necesita ferir e que, recollendo unha actualidade que o tópico chama palpitante, non ten que provocar hipertensión.


Por outra banda, o titular da Xunta fixo fincapé en que o Premio Diego Bernal deste ano acredita que Fernando Ónega segue a tradición de tantos outros periodistas que galeguizaron España, levando ao epicentro do poder unha sabedoría aprendida en lugares como Mosteiro.


Neste senso, asegurou que a clave da transición foi a man visible ou invisible dos galegos e destacou que se pode dicir que tamén en mans dos galegos está a saída mais axeitada para a encrucillada na que estamos.


Nun discurso que arrincou varios sorrisos dos asistentes, Ónega chanceou: «Cando se levan 55 anos publicando, ninguén é tan malo que non teña algo de bo». Xa en ton serio, realizou unha férrea defensa do «mellor oficio do mundo», o seu, aínda que lamentou varios males que actualmente arrastra: a «banalización», a «pérdida de credibilidade», a «dictadura do público», o «ensalzamiento da nadería»... «Teño un soño: que os medios informativos -confesou- volvan facer a labor que fixeron na transición. [...] Tal como está a situación política, a prensa volve ser o instrumento de salvación».


POWERED BY BIGPRESS