O Barco de Valdeorras celebra este sábado a súa tradicional Festa do Botelo, que xa vai pola XVI edición. Preto dun milleiro de persoas acudirán á comida oficial, despois de que se esgotasen as 950 entradas postas a venda. 


Pero nesta edición o evento, declarado de interese turístico galega, ampliarase máis alá da degustación do producto. Está previsto, por exemplo, un encontro gastronómico entre blogueiros e xornalistas. 


Tamén se porá en marcha unha feira con productos variados no Paseo do Malecón, ademais de lerse un pregón a cargo de Teatro Lauro Olmo. 


Por último, os oito grupos que amenizarán a comida centrar actuarán por varios bares ata as dez da noite. 

POWERED BY BIGPRESS