O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) fixo un chamamento este xoves á doazón de sangue, especialmente dos grupos 0+ e A+, que presentan actualmente niveis baixos na Comunidade.
Segundo explicou o centro, tras as festas de Nadal é necesario incrementar o volume de doazóns xa que, aínda que as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos mantéñense en 500 doazóns diarias, a cifra adoita aumentar polas urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.
Os meses de inverno, ademais, presentan dificultades engadidas para o desenvolvemento das campañas de doazón, xa que, ademais das inclemencias meteorolóxicas, o aumento das enfermidades do tipo da gripe motivan unha diminución de doantes fixos.
Co obxectivo de aumentar o volume de doazóns, as unidades móbiles do CTG visitarán preto de 70 concellos de Galicia. En concreto, este xoves estarán en Fene, Carballo, Vilaboa, A Coruña, Santa Comba, Toques, Santiso, Padrón, Lugo, Monforte, San Cibrao, Ramirás, Baiona, Oia e Vigo.