Dende o vindeiro 30 de marzo será máis fácil voar a Londres dende a capital de Galicia. Vueling conectará estas dúas cidades cunha nova ruta de tres frecuencias semanais, os luns, os mércores e os venres.
Vueling terá que competir directamente con Ryanair, que tamén opera a ruta entre Santiago e Londres. De primeiras, Vueling parte coa importante vantaxe de aterrizar no aeroporto de Gatwick, bastante máis preto do centro da cidade que Stansted, donde opera Ryanair.
Falta ver se poderán competir en prezos coa compañía irlandesa, pero polo de agora xa ten posto á venda un total de 32.000 prazas. Todos os voos serán operados por un avión do modelo Airbus A320, con capacidade para 180 pasaxeiros.
Trátase dun paso máis na expansión de Vueling en Lavacolla, despois de que durante o pasado 2015 convertera a este aeroporto na 14ª base operativa da compañía.