Despois de pasar máis dun mes estacionados en torno á muralla de Lugo como protesta polos baixos prezos do leite, os tractores dos gandeiros de Agromuralla retiraranse. 


A decisión chega motivada en parte pola resolución da Subdelegación do goberno que os obrigaba a colocar os tractores un detrás de outro, deixando libres "en todo momento" dous carriles para a circulación de vehículos. 


Para os voceiros de Agromuralla esta solución deixaría prácticamente sen efecto a medida de presión que estaban exercendo, por iso prefiren retirarse por completo. Tampouco consideraron apropiado recurrir a resolución ante o TSXG, porque segundo eles "levaban todas as de perder". 


Agora tocaralles esperar a ver se se concreta a promesa da distribución de subir dous céntimos por litro, que segue á espera da implicación da industria. 



POWERED BY BIGPRESS