O "Novo Jundiña", un buque arrastreiro con base en A Coruña, afundiuse sobre as dez e media da noite do domingo cando se atopaba a unhas 40 millas do Cabo Ortegal debido a unha vía de auga. Os 11 tripulantes tiveron tempo de lanzarse nun bote salvavidos, polo que foron rescatados sen maiores complicacións.


Tras dar a sinal de alarma pola existencia dunha vía de auga, as labores de rescate foron asumidos polo Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo en Fisterra, que desprazou ata a zona o helicóptero Helimer e un mercante que navegaba pola zona. 


O Helimer localizou o bote salvavidas cos 11 tripulantes a bordo, procedendo ao seu izado e evacuación. Todos foron desprezados ata o Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña para ser examinados, sen que trascendera ningunha complicación de importancia. 






POWERED BY BIGPRESS