Cartel na porta da tenda rexentada por Xose Antonio, fillo da falecida


A localidade ourensá de Outomuro, no Concello de Cartelle, onde residía a muller falecida esta madrugada, acolleu este sábado con "gran consternación" a tráxica morte desta nonaxenaria esta madrugada despois de que cinco encapuchados asaltasen a vivenda onde residían ela e o seu fillo e levasen a elevada suma de 200.000 euros. 


En declaracións a Galiciapress, a alcadesa de Cartelle, María del Carmen Leyte, relatou que todos os veciños están "consternados" despois de coñecer a triste noticia xa que se trata de unha familia moi conocida po la sua actividad comercial de moitos anos.


A muller morreu como consecuencia dunha crise de ansiedade, despois de que cinco atracadores, despois de acceder á vivenda a través da porta do supermercado, situado no mesmo edificio, intimidasen con armas curtas e levasen 200.000 euros. Parece ser, abundou, que os ladróns ameazáronos de morte, antes de facerse co botín e fuxir do lugar.

O suceso ocorreu esta madrugada sobre as 2.40 horas, cando cinco persoas co rostro cuberto por un pasamontañas accederon ao interior da vivenda e intimidaron á muller C.D.R. e ao seu fillo Xosé Antonio Cacheiro de 59 anos con tres armas curtas para obter o botín. A este respecto, Leyte explicou que os habitantes desta vivenda, situada na parroquia de Outomuro, eran moi coñecidos na localidade.


A muller rexentaba desde hai anos unha tenda, da que agora se encargaba o fillo, debido á avanzada idade da muller. Ademais, el traballaba de carteiro. As cinco persoas, co rostro cuberto por pasamontañas forzaron a porta de entrada do negocio, que daba á vivenda, e intimidaron aos seus moradores, a anciá e o seu fillo, Xosé Antonio. Como consecuencia do mesmo, a muller faleceu no lugar dun infarto tras sufrir unha "crise de ansiedade". 

POWERED BY BIGPRESS