Non me perdoaría a min mesmo non lembrar un ano despois o espantoso asasinato dos nosos compañeiros de Charlie Hebdo, quen, aínda esperan, que se resolva o caso aclarando as circunstancias e todos os autores do atentado.
Ninguén, no seu san xuízo, entende que á prensa libre sexa silenciada pola vía das armas, como, tampouco é de recibo que a relixión, sexa cal for o credo, impoña a súa "espiritualidade" a tiros aos non crentes e aos ateos.
Os xornalistas de Charlie Hebdo obrigáronse durante o seu quefacer profesional, a debuxar un sorriso no rictus dos seus lectores a través dun humor irreverente e corrosivo. Non compartir a súa forma de entender a sociedade, non xustifica que uns bárbaros os eliminaran sen darlles a oportunidade nin de despedirse das súas familias.
Lembralos é unha honra e rezar por eles e polos seus asasinos, a iniciativa pacífica que algúns adoptaremos no primeiro aniversario desta terrible traxedia. Compañeiros, sempre vos lembraremos.