A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, asegurou este luns que o AVE seguía sendo "irrenunciable" para Galicia e que este servicio era "necesario" para que a nosa comunidade estea en "igualdade de oportunidades" con outros puntos de España.


Unhas declaracións que non son fortuítas, senón que veñen a responder ás realizadas por Olga Louzao, voceira de Ciudadanos en Galicia. Louzao afirmaba ante os micrófonos de RNE que o AVE "non era prioritario", e que ela preferiría apostar por mellorar as infraestructuras ferroviarias interiores en Galicia, que considera insuficientes para casos como o de Lugo. 


Unhas declaracións que segundo Ethel Vázquez non sorprenden, xa que veñen dun partido "cuxa única medida para Galicia é deixala sen AVE". Engade que sería "irresponsable" non concluir a liña ata Galicia dado que "prácticamente todas as obras están executadas ou en execución". 


POWERED BY BIGPRESS