A exposición "Formas e Xeografia" do escultopintor galego Xosé Rivada é presentada na Fundación Vicente Risco, de Allaríz (Ourense) o pasado día 03 de decembro de 2015 permanecerá ata o día 08 de xaneiro de 2016 .
Autor dunha importante obra en diversos materiais como: madeira, aceiro, pedra e, ultimamente mármore. Ten 37 esculturas públicas, unha de elas en Verín (Ourense) po la que tivo un enfrentamento con Concello polo uso que a Corporación do ano 2013, dispuxo xa que aproveitando unhs os cubos da escultura para facer de xarrón de frores, cousa que o autor da obr non consentiu, pois no era o fin da escultura.
No pasado mes de xulio expuxo, no Museo Municipal de Ourense, ocupando as duas plantas do mesmo con as suas obras baixo o nome de "Ideas Fuxidas", que permaneceu aberta durante tres meses.
Nesta ocasión, baixo o nóme "Formas e Xeografia" o autor acerca a Fundación Vicente Risco da emblemática vila ourensana de Allariz, reune 24 traballos da mais reciente factura, donde sobre muy diversos materiais e propostas plásticas, amosa no combinar pezas escultóricas e cadros un sentir dramático. A vida en esencia é cambio, e o mundo muda. Así, van os tempos, sempre iguais e sempre distintos. Cando os cambios bruscos aboian falamos de revolucións, mais estas non son mais que a resposta ás obstrucións no fluxo, e o roncar das ondas...
Guitarras, Olas, Gerreiros, homenaxes as meninas e avoas, ou os peixes transxénicos, dende a escuridade dun proceder industrial contra natura, transmutaranos de xeito irreversible a peor: Eis a denuncia social do artista, co metal con soldadura á vista.
A achega plástica dun saxofón ou unha guitarra de bronce, supón unha mnifestación do acercamento música da que o outor gosta en todas as manifestacions.
A exposición amosa ao visitante unha selección de obras do gran artista ourensán que mestura escultura con colaxes e pinturas, onde combina perfectamente realidade e abstracción. Así podemos ver moita vida, coma un milagre, gracias ó subconsciente que nos releva o artista, e que nós, coa nosa imaxinación, axúdanos a recrear.
Na escultura de parede abre o tema noutras direccións do cadro con decisión, dende o espeso do volume e o rudo da súa materia, con teas empastadas e metais en relevo, particularidades da súa obra, son tamén as interpretacións das súas coñecidas"Escultopinturas" , como Rivada define a sua obra, combínanse collages, óleos, fundicións, lenzos e técnicas mixtas, botando man dos materiais máis diversos, especialmente o ferro, o bronce, combinación perfecta de temas, técnicas, poema en movemento, materiais que nos presenta un Rivada heteroxéneo, vibrante,...conseguindo deste xeito o resultado que busca para cada obra.
A súa pescuda apaixonada e vehemente deixa ver o sangue e a dor da vida, na que non falta a música e a poesía, expresada en todas as súas aventuras plásticas, mérito seu.
Xosé L. Gómez Rivada (Verín, 1953), emerxe artista dende a profesión do pai máis co apelido da nai, logo dunha dura infancia na vila capital do Val do Támega, indo moi novo para Bilbao, e nos anos seguintes a Barcelona, Madrid e outras cidades españolas, para cambiar de continente ancorándose nos oitenta a México, e regresar a España, logo do terremoto no D.F., e instalarse en Vigo nos anos noventa.
=======================================================
A exposición inaugurada o pasado día 3 de Decembro, permanecerá aberta ata o día 8 de xaneiro de 2016, que se calusurará con unha perfomance musical a cargo do violonchelista David Rivada.
Os horarios de visita podense consultar na web da Fundación Vicente Risco