O comité de empresa de Elnosa quere manter un calendario de protestas dirixidas aos concellos que se mostren contrarios á súa posición de manter a empresa na ría. En este sentido dixeron "O alcalde díxonos que non tiña ningunha competencia, pero si que as ten. E cando chegue o momento, nós vamos contestar e non vamos quedar quietos a esperar".

Y es que na reunión entre os representantes do comité de empresa de Elnosa cos conselleiros de Medio Ambiente e de Economía  que desde a Xunta de Galicia están dispostos a aceptar a permanencia da fábrica cloreira  na ría de Pontevedra, si presente un proxecto do cambio tecnolóxico no que conste a eliminación do mercurio que estara visado polo Concello de Pontevedra.


O acordo asinado coa Xunta, que establecía o traslado antes de decembro de 2017 quedaría como unha segunda opción no caso de que non se acometese a reforma tecnolóxica na empresa. Elnosa ten a intención de poñer en marcha ese proceso de eliminación do mercurio que duraría  dous anos.

POWERED BY BIGPRESS