Francisco Vázquez saludando a Alberto Núñez no Forum Europa Tribuna Galicia, en Santiago
O exalcalde da Coruña e exembaixador ante a Santa Sé, Francisco Vázquez, foi o encargado de fazer a Presentación do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, sustituindo a Ministra Ana Pastor, que estaba no programa, no Forum Europa Tribuna Galicia en Santiago, nun momento da sua apresentación deu por feito que deberá abordar nalgún momento, cando "o esixa o ben de España", o salto á política nacional.
O ex-alcalde da Coruña recoñeceu sentir "especial simpatía" por Feijóo porque considera que "a súa persoa e exercicio político" xuntan unha serie de "virtudes" que ve difícil atopar nuns tempos actuais que -puntualizou- máis que "vivirse", se "sofren".
"Non vou ser eu, que desempeñei moitos postos, que poña en solfa as responsabilidades partidarias, pero nunha democracia consolidada ás máximas responsabilidades institucionais solo débese chegar acreditando unha experiencia de xestión pública moi distinta á exercida na vida orgánica dos partidos", abandeirou.
FICAR EN GALICIA
Agradecido polas verbas de Vázquez, persoeiro clave ná política recente, a quem destinou numerosos eloxios, Feijóo replicou que os galegos "cruzan continuamente Pedrafita para darse conta de que o mellor lugar para vivir e traballar é Galicia".
AVANZA UNHA REBAIXA DE IMPOSTOS
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta está a traballar nunha rebaixa de impostos que se fará, dixo, “con total intensidade”. Segundo precisou, trátase dunha das principais medidas coas que o Executivo autonómico quere afondar nun modelo de xestión centrado en trasladar os efectos da recuperación aos sectores produtivos e ao conxunto da cidadanía.
“O noso patriotismo consiste en baixar impostos, en abrir a nosa economía e en devolver os esforzos a aqueles aos que tivemos que pedirllos. Nin tivemos medo a gobernar a crise, nin imos ter medo agora a xestionar a recuperación con responsabilidade”, aseverou.
TRASLADAR A CIUDADANIA, ESPECIALMENTE A CLASE MEDIA, OS EFECTOS DA RECUPERCIÓN
O mandatario galego sinalou que o obxectivo é que a recuperación non só se traduza en cifras macroeconómicas, senón a través dos seus efectos sobre os galegos e as galegas. Isto supón dispoñer dunha política fiscal e tributaria máis xusta para todos os contribuíntes, dixo, pero ademais, poder falar de máis emprego para os mozos e outros colectivos de difícil inserción social. Tamén significa que non só medra a economía no seu conxunto, senón que o fan todos os sectores estratéxicos, especialmente o primario. Que cada persoa que teña unha idea conte cunha rede de viveiros e cunha proposta fiscal para impulsala, ou que a industria se modernice a través da innovación.
É dicir, que a recuperación chegue á xente que a fixo posible, como os empregados públicos -a quen entre este ano e o que vén se lles vai devolver a paga extra correspondente a 2012-, ou a clase media, apuntou. E, nesta liña, referiuse ao actual avance dalgúns indicadores económicos fronte ás voces que cuestionaban a política que seguiu a Xunta desde 2009, e que os galegos referendaron en 2012.
Destacou o descenso do desemprego que está a rexistrar Galicia durante os últimos 22 meses; que sexa a Comunidade onde menos medrou a débeda desde 2009; ou o último dato do IPI, que a sitúa entre as catro autonomías con mellor comportamento da industria no mes de xullo. Xunto con isto, salientou que a Xunta foi quen de dar resposta á responsabilidade histórica de que a crise non implicara un paso atrás nos servizos públicos.
Hoxe, dixo, Galicia dispón dunha educación pública coas taxas universitarias máis baixas de España, con máis bolsas e máis prazas de FP e que aposta polas tecnoloxías e os idiomas. No eido sanitario, indicou que dispón de sete hospitais públicos de nova construción ou con importantes ampliacións en marcha; que rexistra menos esperas, grazas á Lei de garantías sanitarias; e que conta cunha mellor dotación tecnolóxica nos centros hospitalarios. E, no tocante aos servizos sociais, asegurou que a Comunidade dispón de máis prazas públicas de garderías, residencias e centros de día.
APELAR O ENTENDEMENTO EN CATALUÑA
Fronte este escenario, Feijóo situou o contexto polo que atravesa Cataluña neste momento porque, ao contrario que en Galicia, os que a gobernan “abdicaron de gobernar substituíndo medidas por bandeiras separatistas, resolucións por alegacións e medidas por consignas”. Segundo recoñeceu, “hai un evidente medo a gobernar na orixe do desafío que o independentismo catalán lle fai á democracia española”, que “está realmente agredida”.
Apelou a que a firmeza no mantemento da lei e da Constitución vaia acompañada dun esforzo afectivo cara aos cataláns que non son independentistas porque, segundo remarcou, “defender a legalidade non me parece en absoluto contraditorio con promover o entendemento con Cataluña”.
REFERENCIA OS NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS
“O tempo que vivimos alumeou una dicotomía entre os que gobernan e os que teñen medo a gobernar” e “a historia proponnos encrucilladas que reclaman gobernantes sen medo a cumprir o seu deber: en Europa, en España, en Cataluña e en Galicia”; “xestores comprometidos que resolvan, que propoñan, que decidan e que, en definitiva, gobernen a realidade”, apostilou.