Nin o ceo gris co que amenceu este domingo puido aguar o fin de festa da XLVI edición do Carneiro ó Espeto de Moraña.


Tras un mes de xullo repleto de actividades no que o Concello estima ter recibido preto de 8.000 visitantes, o tradicional xantar popular puxo o broche de ouro un ano máis a unha festa declarada de Interese Turístico Galego.


A Carballeira de Santa Lucía congregou máis de 2.000 asistentes a unha comida na que se asaron 107 carneiros.

Ademais tras a comida Roi Casal estaba encargado de amenizar musicalmente a tarde antes do peche de festa, a cargo das orquestras Filadelfia e Limón.


Para a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, o resultado da presente edición do Carneiro ó Espeto é plenamente satisfactorio, polo que anuncia dará continuidade a esta liña de traballo o próximo ano: "Na vindeira edición manteremos esta liña de diversidade nas actividades programadas e de apoio ao deporte e á cultura", sinalou a rexedora.

POWERED BY BIGPRESS