Os grupos da oposición -PSdeG, AGE e BNG- cuestionaron a continuidade de Dositeo Rodríguez como conselleiro de Contas (cargo designado polo Parlamento) tras a súa imputación na investigación sobre a Fundación Camilo José Cela, aínda que os socialistas se mostraron “prudentes” e non solicitaron a súa dimisión, como si fixeron as outras dúas forzas políticas.
Á marxe da petición de explicacións, o Bloque solicitou abrir unha comisión de investigación sobre o uso dos fondos públicos desa entidade que foi rescatada pola Xunta en 2010, cando estaba en quebra. Dáse a circunstancia, así mesmo, de que o consello de contas ten que fiscalizar as contas desta entidade no seu plan de traballo. Esta petición foi avalada por AGE.
Pola súa parte, o voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, recoñeceu que “certamente” non é unha situación “desexable” que un membro do consello de contas estea imputado para contribuír á manter a imaxe e o prestixio das institucións, e reiterou que os populares estarán atentos á evolución xudicial.