Celso García de la Riega, de 99 anos
Poio(Pontevedra)
O PSdeG rendiu esta mañá unha emotiva homenaxe en Poio a s, o militante socialista máis antigo de España, que estivo arroupado pola súa familia e compañeiros de partido e polo secretario xeral do PsdeG, José Ramón Gómez Besteiro. O líder dos socialistas galegos quixo destacar a “valentía” e o “compromiso” que reflicte a vida de Celso.
“Hai un compromiso detrás das nosas siglas, e este compromiso e a forza que nos dá a historia é o que nos diferencia e nos catapulta cara ao futuro”, afirmou.
Besteiro destacou os máis de 130 anos de historia do PSOE.
“Nós non ocultamos as nosas siglas, fronte aos que parece que teñen medo a ensinalas. Nós ensinamos toda a forza que nos aporta o noso partido e persoas como Celso”, dixo, coa “loita polas liberdades e pola igualdade de oportunidades, para poder partir todos da misma liña de saída”.
Nun acto no que Celso recibiu un ramo de rosas e unha escultura da República, o candidato á alcaldía de Pontevedra, Tino Fernández, agradeceulle as súas
“leccións de socialismo” tras 80 anos de afiliación en Pontevedra.
“En tempos moito peores el mantivo as súas ideas, e é un exemplo para seguir adiante, porque os socialistas somos os que transformamos o mundo e melloramos a sociedade”, afirmou. Pola súa banda, o secretario xeral provincial, Santos Héctor, amosou o seu
“orgullo” por telo como compañeiro e quixo recoñecer “a súa loita na defensa da igualdade, a liberdade e a xustiza social, valores que leva acuñados ata hoxe e que fan valer a súa loita despois de tantos anos.
Emoción da súa familia
Tanto o fillo de Celso, Guillermo, como a súa sobriña, Maica, contaron visiblemente emocionados e coa voz entrecortada momentos importantes da vida do que é o militante número 1 do PsdeG. Ingresou no partido no ano 36, con 20 anos e en plena Guerra Civil.
“Non só é unha homenaxe a el, senón a todos aqueles que no 36 fixeron o esforzo de loitar contra o levantamento e a favor da República, a todos aqueles que quedaron polo camiño”, destacou o seu fillo, visiblemente emocionado.
“Loita, lealdade e sufrimento”, apuntou. Pola súa, banda, Maica quixo ter unha lembranza á figura de Merchi, a que foi a muller de Celso e
“a persoa máis importante da súa vida”. Como anécdota, contou que ela era filla do Presidente da Audiencia de Pontevedra e foi unha relación complicada. De feito, o pai obrigou a atrasar un día a data da voda cando se decatou de que Celso a puxera o 14 de abril, aniversario da República.