Santiago de Compostela, luns 9 de marzo de 2015.- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 71 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres,6 de marzo ata as 23:59 horas do domingo, 8 de marzo. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 26 accidentes rexistrados.


A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 60 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 55 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 71 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 55 e 45 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 38 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.


Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 20 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.


 

Provincia

Accidentes
A Coruña18
Lugo8
Ourense9
Pontevedra20
Galicia55


POWERED BY BIGPRESS