Vidas Entrecruzadas clausurouse o pasado venres 27, nun acto no que os seus promotores estiveron acompañados pola concelleira de Cultura, Ana Garrido e máis pola directora do Museo Municipal, Eva Torres, que fixeron un balance e unha valoración xeral da iniciativa.
23.935 persoas
Así e segundo indicaron, o éxito desta iniciativa ven confirmado pola cifra de visitantes, xa que un total de 23.935 persoas pasaron polo Museo para interesarse polas obras do proxecto. Ademais de destinar a recadación da venda das obras a Médicos sen Fronteiras, outra finalidade da proposta era a divulgación de relatos, de momentos transcendentais da humanidade con temas controvertidos, sempre cun tratamento e desenvolvemento do conflito que procura enriquecer e fomentar o pensamento crítico.
O Museo Municipal de Ourense foi a primeira parada deste proxecto Vidas Entrecruzadas, que agora visitará outras cidades coma Eibar.