Ferida moi grave unha moza en Santiago supostamente apuñalada pola súa exparella
Ocorreu nun domicilio do Ensanche, na céntrica rúa de San Pedro de Mezonzo, na capital galega.
Unha muller estranxeira de 30 anos, E.M., foi agredida supostamente polo seu exparella este venres en Santiago e atópase moi grave tras recibir varias puñaladas no seu domicilio, segundo informan fontes próximas ao caso.
Segundo informa Europapress, a moza recibiu cinco ou seis puñaladas no salón da súa vivenda, unha delas no abdome, polo menos tres no tórax, pola parte posterior, e unha no pescozo, e foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago.
A policía busca ao presunto agresor para proceder á súa detención, segundo sinalan fontes da Delegación do Goberno. O 112 foi alertado dos feitos por un particular.
Pouco despois das 17,00 horas recibiuse a alerta por un posible caso de violencia de xénero e numerosos efectivos médicos e das forzas de seguridade foron desprazados ata a rúa San Pedro de Mezonzo, no Ensanche compostelán.
Escribe tu comentario