#Claves de la semana

​O PP rexeita retirar o escudo franquista do Concello da Coruña

Piden que a partida de 60.500 euros destinada á retirada do escudo se dedique a servizos sociais. 


|

Concellodacoruafranquista


A portavoz do Grupo Municipal do PP no Concello da Coruña, Rosa Galego, reiterou o seu rexeitamento á retirada da vidreira cun escudo franquista do Palacio Municipal de María Pita e expuxo que se destine a "servizos sociais".


Con motivo da negociación do orzamento da Coruña para 2017, e tras presentar o PP á Marea Atlántica o seu documento coas "liñas vermellas", en declaracións aos xornalistas, Rosa Galego asegurou que unha comisión de expertos, durante o goberno do PSOE e o BNG, "xa acordou mantela" por estar incluída "nun conxunto artístico".


"Ferreiro considérase máis experto que ninguén", ironizou a edil do PP sobre o rexedor coruñés. Tamén expuxo que a partida de 60.500 euros destinada na proposta do goberno municipal para esta actuación se dedique "a servizos sociais".


"Esta mesma cantidade podería suplementar as partidas" para entidades como Renacer, Cociña Económica ou Pai Rubinos, citou como exemplos. "Cos 60.500 euros da retirada poderíanse dar 20.200 comidas anuais na Cociña Económica ou 17.285 talóns restaurante ou 700 bolsas comedor", engadiu

relacionada ​Los presupuestos de A Coruña irán a pleno "antes de que acabe el año"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE