José Ramón Lete sucederá a Miguel Cardenal á fronte do CSD
Cesa como Secretario Xeral para o Deporte, cargo no que leva desde o 2009, ano que Feijóo chegou á Xunta.
Non será oficial ata que o Consello de Ministros así o decida, pero José Ramón Lete será, segundo todas as quinielas, o sucesor de Miguel Cardenal como presidente do Consejo Superior de Deportes. A reunión do executivo da Xunta desta mañá acordou o seu cesamento como secretario xeral para o Deporte, un cargo no que leva desde o 2009, ano no que Núñez Feijóo chegou á Xunta.
José Ramón Lete Lasa foi xogador profesional de baloncesto, desde o 1978 ata o 1990, pasando polo Estudiantes de Madrid, CAI de Zaragoza, Breogán de Lugo, Obradoiro de Santiago e o Bosco de Vigo.
Pero tamén pertence ao corpo superior da Administración autonómica e, ao longo da súa carreira, ocupou os cargos de xefe do Servizo de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, secretario provincial do Servizo de Saúde de Pontevedra en Vigo da Consellería de Sanidade, inspector de servizos da Consellería de Presidencia e Administración Pública, director xeral da Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas do Ministerio da Presidencia, director xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, subdirector xeral de Promoción Deportiva da Consellería de Cultura e Deportes da Comunidade de Madrid e director xeral de Deportes da Comunidade de Madrid.
Escribe tu comentario