#Claves de la semana

​O PSOE ferrolán expulsa ás edís díscolas

As afectadas, María Fernández Lemos e Rosa Méndez, contrarias á xestión de Beatriz Sestayo, consideran que o grupo municipal non ten autoridade para expulsalas. 


|

Jorgesuarezbeatrizsestayo318


O grupo municipal e a executiva local do PSOE de Ferrol acordou finalmente expulsar ás dúas concelleiras María Fernández e Rosa Méndez, que se manteñen no goberno a pesar de que o máximo órgano representativo dos socialistas ferroláns decidiu que o grupo pasase á bancada da oposición.


As afectadas, María Fernández Lemos e Rosa Méndez, contrarias á xestión de Beatriz Sestayo, consideran que o grupo municipal non ten autoridade para expulsalas e que esa decisión debe de ser adoptada por organos superiores. As dúas concelleiras expulsadas xa pediran a mediación da executiva provincial no caso ao considerar que non incumpriron ningunha directriz do partido por permanecer no goberno.


Na reunión mantida onte á noite, o PSOE de Ferrol ratificou que "é a dirección o órgano ao que corresponde tomar estas decisións", e afirmou que "actuou correctamente ao saír do goberno", informa o Diario de Ferrol


PACTO ANTITRASFUGUISMO


Fontes socialistas sinalaron que, ademais, abrirase o procedemento do pacto antitransfuguismo para esas dúas concelleiras, aínda que unha delas presentouse na lista do PSOE como independente, e tamén para o alcalde, Jorge Suárez, tendo en conta de que o seu partido (EU) é un dos asinantes dese acordo entre partidos, informa o mesmo diario. 




relacionada As diferenzas persoais rachan o goberno de coalición de Ferrol
relacionada ​Jorge Suárez marca como límite esta semana para reorganizar o executivo
relacionada ​O alcalde de Ferrol retira as competencias máis importantes a Beatriz Sestayo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE