#Claves de la semana

Ratifícase que houbo "moitas chamadas" que sitúan a Diana na provincia de Lugo

Os investigadores recibiron testemuños de persoas que din ter visto a moza en Castroverde e Pedrafita.


|

Dianaquer


O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, confirmou que "se recibiron moitas chamadas, tanto de Pedrafita como desde Castroverde" que sitúan á moza desaparecida Diana Quer nesa zona da provincia lucense.


Por iso, a Garda Civil de Lugo "está a facer un informe para pasarllo ao equipo de investigación que leva o caso (na Coruña), e, a partir de aí, a ver se chegan a algunha conclusión". "Esperamos que apareza o máis pronto posible", desexa.


Así, Carballo explica que a Garda Civil de Lugo "atende esas chamadas que se reciben desde distintos lugares" para "despois aglutinalas" co fin de "ver se dan algunha pista". "A xente despois de ver a foto (de Diana Quer) aos dous días informan que a puideron ver en tal establecemento", relata.


Nesta liña, insistiu en facer un "chamamento á cidadanía de que ante calquera sospeita, aínda que pareza insignificante, que chamen á Garda Civil, canto antes mellor". "Moitas veces a chamada é posterior ao avistamento e ten pouco efecto", advirte.


Con todo, o subdelegado do Goberno en Lugo asegurou respecto da desaparición da moza madrileña que "todas as posibilidades seguen abertas", lembrando que o "caso está baixo segredo sumarial".


Finalmente, recoñece que tamén se recibiu unha chamada na que se informa de ver a Diana Quer na cidade de Lugo, en concreto no barrio da Milagrosa.


"Hai centos de chamadas que a Garda Civil e a Policía atenden, fan o seguimento e comunícanllo ao equipo que leva a investigación", indica.


TESTEMUÑOS


A Garda Civil investigará os testemuños que recibiu de persoas que din ter visto a Diana Quer, a moza madrileña desaparecida na Pobra do Caramiñal fai máis dun mes, en dúas localidades da provincia de Lugo.

En concreto, segundo fontes da investigación, unha moza que coincide coa descrición de Diana Quer puido ser vista nun restaurante e unha librería de Castroverde e unha casa de comidas de Pedrafita do Cebreiro. Ademais, estaba acompañada dun home maior que ela e de fala inglesa.

Esta información xa se trasladou aos axentes que dirixen a investigación desde A Coruña, que a analizarán para ver se contribúe a resolver a desaparición de Diana Quer.

relacionada La hermana de Diana Quer declaró a la jueza que su madre la maltrataba
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE