#Claves de la semana

​Feijóo: "Beiras e Méndez Romeu serían candidatos máis difíciles"

O líder do PPdeG cualifica a oposición de "esquerda feudal" e critica o sistema electoral porque permite sumar "perdedores".


|

Feijoohoriz



O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección recoñeceu que Xosé Manuel Beiras e José Luis Méndez Romeu lle parecen "persoas de moito máis relevo político e candidatos máis difíciles que os que os substituíron", en alusión a Luís Villares e Xoaquín Fernández Leiceaga.

Nun almorzo informativo do 'Fórum Europa. Tribuna Galicia', Feijóo enxalzou a figura de Méndez Romeu, ao que dixo ter "desfrutado" como portavoz parlamentario durante 4 anos, porque sabe que "o partido socialista non pode ser un subalterno das mareas de Podemos".

Con respecto á cita do domingo coas urnas, clamou por obter apoios o 25 de setembro que lle permitan ter "unha maioría suficiente para gobernar" e evitar que a "suma" dos seus rivais políticos, a quen identificou coa "esquerda feudal", poidan "manipular a soberanía popular" e facerse co poder en Galicia.

Feijóo rebaixou o optimismo expresado na pasada xornada polo seu xefe de filas, Mariano Rajoy, quen augurou que obtería "moitos máis" de 38 escanos --cifra mínima para a maioría absoluta-- e advertiu de que o sistema electoral español facilita que "gobernen os perdedores e non o que gaña".

CORRIXIR O SISTEMA ELECTORAL

Á "espera de mecanismos correctores" que el, avanzou, "seguirá defendendo", advertiu que "o antídoto" está "en pensar no día despois" da cita coas urnas. Nese hipotético panorama contrapuxo o seu papel de "servidor, con acertos e erros", pero disposto a continuar o "cambio incesante" que permitiu "crecer" a Galicia, co "feudalismo político da esquerda".

"Existe unha esquerda feudal, só hai que substituír os vellos nobres por novos líderes e os vellos condados e ducados polas novas siglas", sentenciou Feijóo, quen apelou, unha vez máis, ao voto moderado para deixar ao "populismo" fose da Xunta.

Na mesma liña argumental, rememorou o lema 'Galego coma ti' co que Manuel Fraga concorreu por Alianza Popular nas autonómicas de 1981. "Despois de tantos anos seguimos sendo 'galegos coma ti'; galegos que queren que continúe o progreso en Galicia, que desexan que non se free a recuperación. Eu aspiro a ser coma eles e non quixera que ese desexo se vise frustrado polo feudalismo político", advertiu.

relacionada Feijóo desmiente el distanciamiento con Rajoy: "Cada uno tiene su campaña"
relacionada ​Leiceaga: "El PSdeG seguirá existiendo cuando otros sean un recuerdo"
relacionada ​Méndez Romeu dimite para evitar “contradicións” trala súa derrota nas primarias
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE