A enquisa do CIS dálle unha nova maioría ao PPdeG
Feijóo lograría a súa terceira maioría absoluta e En Marea e o PSdeG disputaríanse colocarse como segunda forza.
O Partido Popular encabezado por Alberto Núñez Feijóo gañaría as eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro cun 44,9 por cento dos votos, que se traducirían en entre 40 e 41 escanos, o que supoñería a terceira maioría absoluta do líder popular e mantería a representación actual (41).
Mentres, En Marea --liderada por Luís Villares--, con entre 15 e 17 deputados, e o PSdeG --encabezado por Xoaquín Fernández Leiceaga--, cunha estimación de 15, disputaríanse colocarse como segunda forza máis votada nas eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro, ambas as cun empate técnico en estimación de voto (19,9%).
Pola súa banda, o BNG de Ana Pontón, actualmente con sete escanos, lograría 2 representantes na Cámara galega e Ciudadanos, cuxa candidata é Cristina Losada, atópase ás portas de entrar por primeira vez no Parlamento, cunha estimación de entre cero e un deputado.
Así se desprende da enquisa que difundiu este xoves, a unhas horas de que arrinque a campaña electoral, o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).
OUTRAS ENQUISAS
Segundo a enquisa elaborada por Sondaxe para La Voz de Galicia o pasado 28 de agosto, o partido de Feijóo conseguiría 37 deputados e quedaría a un de alcanzar a maioría absoluta, fixada en 38. Pola súa banda, En Marea desbancaría o PSdeG como segunda forza e obtería 18 escanos.
Escribe tu comentario