#Claves de la semana

​Diana Quer puido ter subido nun vehículo a madrugada da súa desaparición

Refórzase a hipótese da marcha voluntaria despois de que o pai da moza lle dixese a través dos medios que "non volvese" se non quería, pero que "chamase e se comunicase".


|

Dianaqueryfamilia


Segundo varios medios de comunicación, o GPS do móbil da moza madrileña desaparecida en Pobra do Caramiñal indica que se moveu a unha velocidade que fai sospeitar que subiu nun coche a noite que se lle perdeu o rastro. 


Ademais, sábese que o terminal da rapaza estivo activo ata as 4 da mañá, cando se perdeu a sinal, presuntamente porque o teléfono se quedou sen batería. O achado desestimaría os testemuños que situaban a Diana ás sete da mañá no centro da vila cunha roupa distinta. Tamén se descoñece se a moza subiría ao coche por vontade propia.


Mentres, a investigación segue adiante sen ningunha hipótese clara, aínda que cobra peso a da marcha voluntaria despois de que o pai da rapaza, Juan Carlos Quer, concedese unha entrevista a un programa de televisión na que fixo un chamamento á súa filla: "Se non queres volver, non volvas, pero polo menos que saibamos que estás ben".


A FAMILIA XA NON ESTÁ EN GALICIA


A casa da Pobra onde veranea Diana Quer e a súa familia está xa baleira. Tras a marcha da irmá menor da desaparecida, da que se fixo cargo o seu pai, a nai volveu a Madrid. A pesar desta viaxe, ao parecer, a súa intención é a de regresar a Galicia.


Mentres, a investigación segue adiante sen descartar aínda ningunha hipótese. Pese ao hermetismo das pescudas, motivado por que o caso está baixo segredo de sumario, transcendeu que entre os lugares que se rexistraron na procura de pistas está o veleiro do pai. O barco leva catro anos atracado no porto da Pobra e, segundo parece, as dúas irmás refuxiábanse nel cando se enfadaban. O proxenitor tamén confirmou que os investigadores levaron o computador de Diana para rexistralo.


relacionada No queda ningún familiar directo de Diana en A Pobra
relacionada ​La búsqueda de Diana traspasa fronteras
relacionada ​Se suspenden las batidas con voluntarios en la búsqueda de Diana
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE