O PP impugna a lista de En Marea pola provincia de Ourense
Entende que a renuncia que debía realizar o alcalde de Manzaneda para poder ir na candidatura non foi aceptada en prazo polo pleno. Mañá ás 10:30 terá lugar a vista na que cada parte deberá xustificar a súa posición.
O PPdeG impugnou a lista de En Marea pola provincia de Ourense ao entender que a renuncia que debía realizar o alcalde de Manzaneda para poder ir na candidatura non foi aceptada en prazo polo pleno.
Este venres, ás 10.30 horas, celebrarase unha vista no xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, na que cada parte deberá xustificar a súa posición, e acto seguido ditarase a sentenza.
David Rodríguez, que foi o candidato máis votado nas primarias da confluencia, ía como número dous por Ourense, ao ser relegado do primeiro posto para respectar a paridade nos cabezas de lista.
Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o proceso xudicial débese resolver nun máximo de dous días, segundo o artigo 49 da Lei Orgánica Electoral Xeneral.
Escribe tu comentario