A USC abre expediente disciplinario ao grupo que protestou contra os comentarios machistas dun profesor
A USC informa no expediente que os feitos son constituitivos de falta disciplinaria leve e que as alumnas en cuestión poderían perder a matrícula, polo que as afectadas veñen de convocar unha concentración en protesta.
//@XCGaliza
A USC vén de notificarlle a varios alumnos a apertura dun expediente disciplinario pola acción dun grupo de estudantes -7 mozas e 1 mozo- na clase do profesor Luciano Méndez no que se sacaron as camisas en protesta polos comentarios “machistas” que o profesor fixo sobre o escote dunha alumna: “Xa che dixen o primeiro día que me desconcentraba o teu escote. Empéñaste en traer escote ata o embigo”, espetoulle o docente a unha universitaria.
O expediente atribúelles a perturbación da orde e a disciplina académica e danos nas facultades de Económicas e Ciencias da Educación. A USC informa no expediente que os feitos relativos ao incidente poden ser constituitivos de falta disciplinaria leve polo que os alumnos en cuestión poderían perder a matrícula, o dereito de asistencia a unha ou máis clases. Ou unha amonestación pública ou privada.
MANIFESTACIÓN
As estudantes veñen de convocar unha concentración na capital galega para que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) retire o expediente. En concreto, a manifestación terá lugar diante do Rexistro Xeral da USC, na Praza do Obradoiro, o próximo 8 de setembro ás 12,00 horas, segundo indicaron os organizadores nun comunicado.
Deste xeito, esixirán a desestimación do expediente disciplinario interposto contra eles en relación á "protesta pacífica" que levaron a cabo ao acudir en sujetador á súa clase. Ademais, reivindicarán que o profesor que realizou os comentarios mencionados, Luciano Méndez, sexa apartado da docencia dun modo definitivo.
Ademais, demandarán á universidade que defenda os valores de igualdade que "constan nos seus estatutos" e que mostre un "posicionamento claro" respecto ao dereito de liberdade de expresión e á non discriminación.
Escribe tu comentario