Os fisioterapeutas concentraranse reclamando prazas no Sergas
Denuncian que dende o ano 2009 tan só se convocaron 11 prazas para toda Galicia.
Os fisioterapeutas de Galicia concentraranse este domingo , protestando pola nula incorporación de novas prazas da súa categoría na oferta oferta de emprego público programada polo Sergas para este ano 2016.
Denuncian que entre a poboación existe unha demanda crecente de fisioterapia á que a administración non está sendo quen de dar resposta, xa que dende o ano 2009 únicamente se convocaron 11 prazas para toda Galicia.
Cualifican de "improcedente" unha merma de persoal que provoca que a poboación vexa como "día a día empeora a súa asistencia" e que sufra "longas listas de espera" para poder acceder ao servizo no sistema público.
Os fisioterapeutas aproveitarán a celebración de exames de varias categorías do Sergas para manifestarse no recinto da Feira Internacional de Silleda en torno ás 13:30.
Alí darán lectura a un comunicado e gardarán un minuto de silencio por “todas as plazas de fisioterapeutas que foron suprimidas nos últimos anos e que no van a ser convocadas”.
Escribe tu comentario