#Claves de la semana

​Os traballadores de Ambuibérica seguen loitando por unhas “condicións dignas”

Denuncian que se trata da única empresa de ambulancias da área de Santiago coa que non se ten chegado a un acordo


|


Os traballadores das ambulancias das área sanitaria de Santiago levan tempo denunciando o incumprimento sistemático do convenio colectivo por parte das novas empresas adxudicatarias, que se fixeron co servizo a finais de 2015.


Tras varias mobilizacións, conseguiron chegar a un acordo con dúas das tres adxudicatarias, Ambu Padrón e Casablanca. Pero Ambuibérica, unha empresa con 7 bases na área sanitaria (Melide, Teixeiro, Lalín, Silleda, Negreira, Santa Comba e Muros), segue sen dar o seu brazo a torcer.


Os traballadores concentráronse este mércores ante o Hospital Clínico Hospitalario de Santiago denunciando que esta empresa segue “aproveitando” a desregularización do sector “para sacar beneficio”, mantendo bases por debaixo do mínimo esixible de persoal e forzando aos traballadores a traballar moitas máis horas das que lles corresponde.


Aseguran que a empresa se nega a mellorar a súas condicións aducindo que senón “perdería diñeiro”. Pero cuestionan esa excusa recordando que hai outras dúas empresas que están cumprindo cando “cobran exactamente o mesmo”.


Inacio Pavón (CIG) reclama que se chegue a un acordo, que podería ser semellante ao acadado coas outras empresas, onde os traballadores aceptaron cobrar por debaixo do convenio durante os dous primeiros anos da concesión a cambio de que os cartos lle foran devoltos durante os outros dous anos.


AMBUIBÉRICA


O representante sindical da CIG amosouse moi crítico con Ambuibérica unha empresa “ligada a un exalcalde do Partido Popular nunha localidade de Castela e León” que segundo explicou se caracteriza polos conflictos laboráis. Asegura que en Castela e León tivo que readmitir traballadores por mor dunha sentenza xudicial e que en Aragón chegou a ser sancionada por emitir partes de transporte falsos en casos de pacientes falecidos.


Sospeita que esta empresa, que ademais de Santiago tamén ten concesións na Costa da Morte, Vigo e Baixo Miño, conseguirá tamén próximamente a adxudicación de servizos de diálese e traslados,concursos que se resolverán próximamente e no que a proposta de Ambuibérica “curiosamente, se adapta moi ben aos criterios que puxo a administración”, insinuando que quizá tiña acceso a algún tipo de información preferente. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE