Os inspectores farmacéuticos acusan á Xunta de actuar “como un piquete esquirol” na súa folga
Levarán ante a xustiza os “servizos mínimos abusivos” propostos pola consellería de Sanidade
Os inspectores farmacéuticos de Galicia ten convocada unha folga indefinida a partir do día 18, ante os “graves riscos” sanitarios aos que segundo denuncian está exposta a sociedade debido á falta de medios e persoal deste departamento.
Pero aseguran que a consellería de Sanidade está tratando de imporlles “servizos mínimos abusivos superiores ao 53%”, pretendendo segundo eles “xustificar un funcionamento que de xeito ordinario acostuma a desatender”, por iso tos denuncian este luns ante a xustiza.
Consideran que estes servizos mínimos “impiden e reducen o dereito á folga”, durante a cal entenden que só deberían establecer un número mínimo de efectivos para cubrir as necesidades no caso de que existise alguna situación de “risco inminente” para a saúde pública.
Denuncian ademais que a administración actúa “como un piquete esquirol, presionando aos traballadores do Laboratorio de Saúde Pública de Lugo para realizar quendas de garda na fin de semana, que en circunstancias ordinarias non se realizan”.
Consideran “lamentable” unha estratexia que “parece mais enfocada a afogar a folga que van levar a cabo os farmaceuticos que en velar pola Sanidade Ambiental do conxunto da cidadanía”, xa que en outras situación a consellería “nunca fixera uso deste Servizo na fin de semana, comprometendo en moitos casos a saúde dos cidadáns”.
Escribe tu comentario