#Claves de la semana

Chaman a actuar ante o elevado índice de suicidios en Galicia

O Movemento Galego da Saúde Mental denuncia que Galicia segue á cabeza do ranking estatal de suicidios, que á súa vez se incrementaron dende o comezo da crise


|



Galicia segue á cabeza dun triste ranking, situandose xunto con Asturias como unha das comunidades nas que máis xente se suicida. Un grave problema de saúde pública que se viu acentuado dende o comezo da crise económica e que segundo denuncia o Movemento da Saúde Mental (MGSM) segue sendo ignorado, víctima do " estigma e a ignorancia prexuizosa sobre as súas causas, características e posibilidades de prevención".


As cifras do MGSM falan de 321 suicidios en Galicia durante 2015. De confirmarse este dato, suporía o primeiro alivio para un índice en clara tendencia ascendente dende 2010. No Instituto Nacional de Estatística aínda non teñen dispoñibles os datos do ano pasado, pero se acudimos aos de 2014 podemos observar con claridade a diferencia entre os datos galegos e os do conxunto do estado.


Así, atendendo ao INE durante 2014 suicidáronse 3.910 persoas en España, 371 en Galicia. Se atendemos á taxa relativa, vemos que en Galicia cometeron suicidio 13,49 persoas de cada 100.000 fronte ás 8,3 do conxunto do estado.


Catro anos antes, o número de suicidios era bastante máis baixo, aínda que Galicia xa amosaba un maior índice relativo. No ano 2010 en Galicia suicidábanse 275 persoas (case cen menos) e no conxunto do estado 3.158 (máis de 700 menos).


Para o MGSM este incremento é fácil de explicar. Aseguran que na meirande parte das veces a morte por suicidio é resultado de condicionantes que aumentaron co estalido da crise: "sufrimento psíquico intenso que con frecuencia afecta á saúde mental da persoa, carencias afectivas ou económicas, empobrecemento, paro, débedas, perda da vivenda,..."


Pese á reducción de suicidios que arroxan os seus datos en 2015, seguen considerando imprescindible a posta en marcha dun Plan Galego de Prevención do Suicidio, xa que consideran que na actualidade a consellería de Sanidade e o Sergas non están cumprindo "coa súa finalidade e a súa obriga nesta cuestión".


Este plan debería segundo as súas reclamacións estar acorde coas orientacións da OMS, "concebido como un plan de saúde pública, cun carácter prioritario e dotado cos recursos acordes á gravidade do problema". Chaman a soster información institucional para " sensibilizar e desestigmatizar o suicidio", realizando actuacións preventivas e desenvolvendo "protocolos específicos de atención a persoas con conduta suicida", garantindo o acceso a recursos asistenciais para as persoas en risco. 





Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE