#Claves de la semana

​Denuncian retrasos de máis de medio ano por escaseza de oncólogos en Santiago

SOS Sanidade Pública asegura que se están retrasando citas de revisión debido á escaseza de especialistas no CHUS


|



O Hospital Clínico de Santiago está retrasando as citas de revisión dos pacientes oncolóxigos, segundo acaba de denunciar SOS Sanidade Pública de Compostela. Esta asociación fala de casos nos que os pacientes son chamados para retrasarlle en máis de oito meses citas de revisión que xa tiñan concedidas. 


Afirman que hai casos concretos de pacientes que tiñan unha cita para maio de 2016, que lle foi retrasada para xaneiro de 2017. Cando os pacientes acorden ao servizo de atención ao doente do CHUS, a resposta que reciben é que o retraso se debe á "falta de oncólogos".


Dende a plataforma denuncian que nos últimos anos non se incorporou ningún especialista en oncoloxía médica no CHUS, a pesar "do incremento do número de doentes e da complexidade dos procesos". Por iso reclaman que se incremente o número de profesionais "na mesma proporción que se incrementaron as/os doentes e a complexidade do proceso".


UN PROGRAMA INFORMÁTICO QUE RETRASA OS TRATAMENTOS


Dende SOS Sanidade Pública tamén critican a imposición do programa informático SILICON para a prescripción farmacéutica, que segundo indican está deseñado par facilitar o traballo de control de fármacos no hospital e non para o persoal facultativo.


Aseguran que este programa "está a provocar un aumento do tempo que o médico ten que dedicar á prescripción farmacéutica, xa que con el se incrementan os erros, en detrimento do tempo que dedican aos doentes", facendo ademais que poida ve menos enfermos cada día.


Piden a súa retirada, recordando que no SERGAS existe dende hai anos un programa de prescripción farmacéutica na atención primaria "creado e pensado para facilitar o traballo do persoal facultativo e mellorar a atención as persoas". 


Recentemente, médicos deste hospital denunciaron un caso similar, criticando as lacras da e-consulta, un sistema que se vendeu como unha novedosa ferramenta de comunicación entre os médicos de atención primaria e os especialistas, pero que segundo CESM-O'MEGA na práctica supuxo "dificultar o acceso dos pacientes aos especialistas". 

relacionada ​Médicos de Santiago llevarán los colapsos del CHUS ante la justicia
relacionada Unha circular aconsella ao persoal do CHUS non incitar aos pacientes a reclamar
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE