Méndez Romeu déixase querer
O voceiro parlamentario despunta como o nome mellor posicionado para converterse no candidato do PSdeG á Xunta. E segue sen decir que non.
Entre dimisións e descartes, un nome ten aparecido con forza en todas as quinielas sobre o candidato á Xunta do PSdeG. Xosé Luis Méndez Romeu, veterán voceiro parlamentario dos socialistas, segue sendo o nome mellor posicionado na carreira cara as recén anunciadas primarias do partido que elexirán o candidato para a Xunta o vindeiro 28 de maio.
Sempre respetuoso cos tempos da política, Méndez Romeu non di nin que sí nin que non, aínda despois de que o seu rival a batir, Alberto Núñez Feijóo, o sinalara como probable novo líder dos socialistas en varios debates parlamentarios, Méndez Romeu.
No mesmo día no que se anunciaron as primarias do partido, Méndez Romeu déixase querer e segue se confirmar nin descartar se se presentará ao proceso interno do partido, insistindo a que hai que esperar "a que se abra o procedemento". "As decisións ten que adoptarse no momento necesario e executarse no momento oportuno", defendeu este mesmo venres.
Iso sí, o voceiro parlamentario quixo lanzar un aviso. Considera que tras "catro meses de debate político intenso" é imprescindible "introducir novas caras" nas listas para as eleccións xerais de xuño.
Escribe tu comentario