#Claves de la semana

Feijóo sinala a Méndez Romeu como posible novo líder do PSdeG

Tras un intenso debate sobre as consecuencias do cumprimento dos obxetivos do déficit en Galicia


|


O PSdeG aínda non elexiu ao candidato que lle disputará a Alberto Núñez Feijóo a presidencia da Xunta nas vindeiras eleccións. Pero este mércores o propio candidato popular sinalou a un posible rival, o voceiro parlamentario dos socialistas, o veterán deputado Xosé Luis Méndez Romeu.


Tras un intenso debate sobre o cumprimento do obxetivo de déficit público, Feijóo considerou que Méndez Romeu estaba empezando a "estar preparado para ser o próximo líder" do partido socialista en Galicia.


Acto e seguido, cuestionou as súas críticas sobre as consecuencias do cumprimento do déficit, considerando que "este máximo de demagoxia non vai con vostede". Por iso, en base ao "cariño que lle profeso", Feijóo recomendoulle que non se deixe convencer polos novos dirixentes do PSOE para que se "suicide dende o punto de vista intelectual".


Estas consideracións chegaron tras un debate no que Méndez Romeu lle recriminou a Feijóo as consecuencias negativas que segundo el trouxo consigo o cumprimento do déficit en Galicia. "Suprimiron médicos, suprimiron profesores..." 


Considera que non se pode comparar o caso galego co de outras comunidades cumpridoras, como o País Vasco: "¿acaso temos o nivel de servizos públicos e de emprego do País Vasco?" e asegura que o cumprimento galego do déficit tan só contribúe á "promocion persoal" de Feijóo.


Ante estas críticas, Feijóo asegurou que o seu obxetivo é "non deixarlle un pufo aos galegos cando finalice a lexislatura". Asegura que o cumprimento do déficit lle permite a Galicia aforrar 85 millóns de euros en intereses por ano, que lle permite ao goberno invertir máis en materias como sanidade ou educación.

relacionada Feijóo quédase en Galicia
relacionada ​Abel Caballero se lanza a despertar el PSdeG
relacionada Moitos descartes e poucos candidatos para liderar o PSdeG
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE