# Claves de la semana

Comezan as declaracións no caso dos miguelianos

Este martes declaran dúas persoas que estiveron dentro da orde, citadas como prexudicadas


Comezan as declaracións no xuízo que investiga a 'Orde dos miguelianos', na que están investigadas máis dunha decea de persoas. Concretamente, este martes declaran dúas persoas que estiveron dentro da orte, citadas en calidade de prexudicadas. 


En total, a xuíza citou a declarar a 21 persoas, todas elas testemuñas ou prexudicados, cuxas declaracións se espera que se alonguen ata o mes de xuño.


A investigación persigue supostos delitos de asociación ilícita, delito contra a Facenda Pública e, no caso do fundador da Orde e Mandato de San Miguel, Feliciano Miguel Rosendo, un presunto delito de abuso sexual. 



Ademais do líder, hai polo menos outras 10 persoas investigadas, entre as que se atopan a súa man dereita, Marta Paz --ambos foron detidos o 11 de decembro de 2014 en Madrid, tras o que el foi enviado a prisión--, ', tres parellas, un sacerdote e outra persoa cuxa identidade non transcendeu, segundo puido saber Europa Press


ORDE DE SAN MIGUEL



Nas semanas previas aos arrestos, varios familiares de adeptos e exintegrantes deste grupo denunciaron que a orde actuaba como unha secta e que no seu seo cometíanse abusos sexuais --polo menos hai catro vítimas-- e outras vexacións. A Orde chegou a ter uns 400 seguidores no seu momento álxido e tiña o seu centro de operacións nun chalé en Santa María de Oia (Pontevedra).



Na primavera de 2014 os seus integrantes foron expulsados polas autoridades eclesiásticas, e un grupo reducido (unhas 40 persoas) trasladouse a dúas sedes en Madrid (Collado Villalba e El Escorial). Días despois das detencións de Rosendo e Marta Paz, o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, asinou o decreto de supresión da Orde e Mandato.



O bispado confirmou  tras levantarse o segredo do sumario que non se persoou no proceso, aínda que podería valoralo no futuro. Ademais, trasladou a súa disposición para colaborar coa Xustiza "no que fose necesario" e comunicou que está a apoiar ás vítimas con atención psicolóxica e espiritual.

relacionada Testigos y perjudicados por la orden de los miguelianos declararán a partir de Abril
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE