#Claves de la semana

A Xunta deberá compensar a unha empresa pola anulación do concurso eólico do bipartido

A administración deberá pagarlle medio millón de euros á portuguesa EDP Renewables Europe S.L.



|


O Tribunal Superior de Xustiza acaba de determinar que a Xunta deberá indemnizar con aproximadamente medio millón de euros á empresa portuguesa EDP Renewables Europe S.L., como compensación pola anulación do concurso eólico do bipartito. 


A empresa resultara adxudicatoria de catro parques eólicos e presentou un recurso cando o concurso foi anulado en 2009, pedindo que lle foran devoltos os case 600.000 euros nos que cifraba os traballos preparatorios. O tribuna dálle a razón en parte, obrigando a Xunta a devolver a meirande parte dos gastos, aínda que rexeita varios deles relativos a manutención, desprazamentos e salarios. 


Ademais, o TSXG tamén sinala varios errores da administración. Critica que a Xunta omitiu no seu día  "interesadamente" información sobre cándo a compañía entregou unha determinada documentación. Tamén lle atribúe  "mala praxis administrativa" porque tan só "a vía contenciosa foi capaz de reactivar o deber administrativo de tramitar". 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE